Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

As pantasmas que viu o meu avó

O pai dunha de Morros quedou viúvo e despois casou con unha de Cadavedo. E cando ía vela sempre dicía, el baixaba desde A Fontá ata A Ermida, en Trabada (Lugo), que de noite lle saían uns fantasmas aí na ponte da Veiga do Vilar.  Colleu moito medo e  un día levou ao meu avó canda el.

E dixo meu avó que vían así unha cousa á beira do río, que tanto se lles aparecía como desaparecía. Que lles saía un cadelo e unhas luces e que ía como unha Compañía diante, unha cruz, e cousas desas. Logo dicían que eran cousas dos curas para meter medo como o da Santa Compaña.

E o meu avó dixo que era verdade que se vían.

Información de Benito García Gasalla, de Redondo, parroquia de Trabada, en xaneiro de 2019.
Localización: Ponte do Vilar, O Vilar, Trabada, Trabada.

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: