Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

A Santa Compaña do Freixo

Un día á tardiña un home volvía da feira das Pontes polo Camiño dos Arrieiros e fíxoselle de noite no Freixo. Viu entón na escuridade unhas luces que ían cara el. O home arrepiado, deuse conta de que aquelas luces eran a Santa Compañía, que logo chegaron canda el e collérono obrigándoo a ir con elas. Por máis que se quería resistir, o home non podía evitar acompañar aos defuntos que xa se achegaban ao río Sor. Daquela o paisano lembrouse de que no peto levaba unha moeda. Era unha moeda de cobre que levaba nunha das súas caras unha cruz. Sacándoa ensinóullela ás ánimas, que o ceibaron e fuxiron desaparecendo no escuro da noite.

Lugar da lenda: O Freixo, concello de As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

[Achega de Xosé María Ferro Formoso, As Pontes (A Coruña). Marzo de 2018]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: