Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Morte

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O marco na lareira da Casa de Longo

Acábase de publicar un fermoso e necesario libro titulado “Regato do Cepelo”, escrito por Fernán Álvarez (Guía de Espazos Naturais) e editado pola Asociación Cultural Xermoslos maila Irmandade Manuel María (Colección A Pedra Albeira, 7).

Este libro, toda unha homenaxe á natureza humana e física da contorna do Regato do Cepelo é tamén, ao tempo, nunha mostra excepcional de cariño a admiración ao poeta Manuel María. Un libro único, que, entre outros obxectivos, ten o de facilitar o traballo dos colegas do autor, os guías-intérpretes dos espazos naturais, e de paso chamar a atención sobre as mil e unha posibles experiencias culturais que nos arrodean.

Manuel María a través da súa obra de creación convertiu Outeiro de Rei co seu regueiro principal, o Regato do Cepelo, a única corrente de auga que nace e morre no concello de Outeiro de Rei, nunha nación literaria.  

O Regato do Cepelo nace no Trollo da Agüela e desemboca no río Robra, no lugar que chaman A Barciela. Neste lugar existen na actualidade catro casas: a de Ansián, a de Antonio de Ignacio, a de Jesús da Pepa, e a de Longo que absorbeu ou arrimou para quedar nunha soa a casa que chamaban do Cego.

Vexamos que se di neste libro, páxina 23:

Florentino Núñez López conta que na Casa de Longo había unha pedra na cociña. En concreto na lareira, que separaba Outeiro de Rei (parroquia) con Robra, que a ten visto, sendo moi cativiño. Pilar Fernández Castro, de Casa de Longo, é máis nova que Florentino, di non lembrar a existencia dese marco, pero si a lareira, que era na Casa do Cego e que hoxe está incorporada á Casa de Longo.

O autor comenta de seguido que na Terra Chá existe a crenza de que o que troca un marco entre dúas fincas, roubando terra ao veciño, ten que volver despois de morto para repoñelo no sitio orixinal ou pedir a un familiar que o faga.

Dise no Dicionario dos seres míticos galegos (Xerais, 1999),  que a ánima dese morto que mudou un marco de sitio "carga coa pedra do marco mentres non solucione a situación".

 

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: