Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Morte

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Visión dun enterro en Ourol (Lugo)

Unha tía min contoume que outra tía miña, cuñada súa, tivo un presentimento da morte do seu pai, o meu avó , co que vivían. Tamén usou o verbo "ver", repetiuno varias veces, cando mo contou anos despois. Como eu non nacín en Galicia, recordo que me chamou moito a atención o do verbo "ver".
Parece que a miña tía contoulle que vira pola corredoira que levaba á estrada como subía un enterro, quen levaban o féretro …etc. O meu avó era maior pero estaba ben naquel momento. Ela díxollo pouco despois, o meu informante presignouse ...
O meu avó morreu ao cabo dunha semana e o enterro foi tal como o dixo . Recordo que estas historias contábaas a miña informante un pouco en plan "clandestino" ás cativas , fillas e sobriñas e que ao meu tío, o seu marido, non lle gustaba que nos contase estas historias.
Esta historia oína alá polos anos 60, en Vilares, Merille, Ourol (Lugo) e espero que ás miñas curmás non lles importe. Estas cousas considerábanse un "atraso" e só se contaban aos íntimos para que non fosen rirse deles.

[Remitido por Teresa Casabella. Marzo de 2014]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: