A lareira e os moribundos
No espazo ocupado pola lareira, en moitas aldeas do concello de Navia de Suarna (Lugo), en ausencia doutro lugar axeitado, utilizábase para instalar nela ao moribundo. O cura entraba acompañado dos veciños do pobo portando velas cando lle subministraba a Extrema Unción.
[Texto de Xabier Moure Salgado. Decembro de 2011]