O Campo da Matanza
Lugar situado na parroquia de Cereixedo, concello de Cervantes (Lugo). Polo de agora ninguén me soubo dicir o porqué do nome. Mais, por outros Campo da Matanza esparexidos por Galiza (Baleira, A Pontenova, Malpica de Bergantiños) pode que estea asociado a unha gran batalla que houbo no lugar e que carrexou un gran número de mortos. En Baleira e Malpica atopáronse restos de puntas de lanza, espadas e outro material de guerra.
[Texto de Xabier Moure Salgado. Decembro de 2011]