Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Morte

O enterro das cinco coroas

En Santalla, preto de Vilalba (Lugo), había un home que dicía ver os enterros da xente en vida. Un día, díxolle a unha muller que vira o enterro do seu irmán, e que, ao paso por un carreiro que había preto da igrexa, ía levar cinco coroas.
O seu irmán morreu e a muller, que decidiu non facerlle caso a aquel home, encargou catro coroas. O enterro saíu coas catro coroas, pero á metade do camiño, os amigos do morto chegaron cunha coroa, que incorporaron á procesión.
Cando o enterro pasou pola corredoira, levaba cinco coroas.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: