Borrón
Ilustración de X. Manuel Segade Rivas
País borroso, seguramente neboento, onde reside o can do Urco que nos visita de cando en cando. O Borrón pertence ao Outro Mundo e atópase debaixo do mar, nos arredores do inferno.
O can do Urco, ou can do Mar, pode ser negro ou branco, de aspecto terrible e tamaño colosal, con cornos e orellas longas; cando se escoita ouvear polas noites é agoiro de morte.
BIBLIOGRAFÍA