Actualizado en data 19/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Morte

[Agoiro] O rego aberto

Contaba a miña tía, que vivía no lugar dos Vilares, parroquia de Merille, concello de Ourol (Lugo) que sempre que se acababa de arar unha leira, tiña moitísimo coidado de que o último rego non quedase aberto.
Ela collía un sacho e ía tapando o rego, pois se quedaba aberto aquelo era sinal de que un dos que traballaramos na sementeira había morrer nun prazo moi curto. O seu esposo, o tío Casabella, sempre volvía coller vacas e arado, e !ala!, a abrir outra vez o rego... Sempre pasaba así

Nota da informante:
Cheguei á casa dos meus tíos en Vilares en 1961, procedente de Cuba. A miña tía era unha verdadeira xoia como informante antropolóxica; sabía unha chea de historias, lendas, etc. Eu tiña 15 anos e como sempre me interesei pola antropoloxía parecíame un mundo fascinante, aínda que o meu pai xa me contou moitas cousas na Habana, pois víame moi interesada en todo o galego. Escribirei algunhas cousas que recordo, e que me encantaría que puidesen axudar a preservar o noso legado. Por certo, unha das nosas bromas cariñosas era que cando eu facía algunha tarefa mal (cousa frecuente), sorría pillabán e dicíame :parece que ves da Habana... Eu viña de alí...

[Texto remitido por Teresa Casabella, residente en Barcelona. Marzo de 2008]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: