Actualizado en data 02/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

A pastoriña

Segundo unha tía miña do lugar de Vilares, parroquia de Merille, concello de Ourol (Lugo), ás veces aparecíase á persoa que había de morrer unha cadeliña branca moi bonita e graciosa, que se poñía a seguir a esa persoa por corredoiras e camiños,sempre de noite. A miña tía chamáballe a Pastoriña. Ao chegar á porta da casa, a Pastoriña desaparecía. A persoa morría en poucos días.

Nota da informante:
Cheguei á casa dos meus tíos en Vilares en 1961, procedente de Cuba. A miña tía era unha verdadeira xoia como informante antropolóxica; sabía unha chea de historias, lendas, etc. Eu tiña 15 anos e como sempre me interesei pola antropoloxía parecíame un mundo fascinante, aínda que o meu pai xa me contou moitas cousas na Habana, pois víame moi interesada en todo o galego. Escribirei algunhas cousas que recordo, e que me encantaría que puidesen axudar a preservar o noso legado. Por certo, unha das nosas bromas cariñosas era que cando eu facía algunha tarefa mal (cousa frecuente), sorría pillabán e dicíame :parece que ves da Habana... Eu viña de alí...

[Texto remitido por Teresa Casabella, residente en Barcelona. Marzo de 2008]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Aínda que con algunhas variantes, tamén atopamos A Pastoriña na parroquia de Santa María de Cabanas (O Vicedo), parroquia lindeira co concello de Ourol.

Enviado por Xabier Moure Salgado o 28/04/2009 ás 9:16:08


Enviar comentario a este artigo: