Actualizado en data 23/11/2026

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Quitapés / Quitasangue

Resulta que no concello de Pantón (Lugo) temos unha figura parecida ao chuchasangues, un asustanenos. En moitas aldeas de Pantón contan a existencia dun ser do Máis Alá que aparece ao anoitecer, cando non hai ninguén nas aldeas ou cando os cativos non deberían de estar fóra da casa. Mesmo contan que estaría tamén no monte.

Son unhas persoas misteriosas que veñen quitar o sangue aos pequenos e noutros lugares tamén comentaban que lles quitaban os pés. A descrición di que son estrañas criaturas negras e enormes. Chámanlles Quitapés ou Quitasangue


Información remitida pola Asociación Cultural 'Segredos de Pantón' (link) en novembro de 2026. Recollido nas ribeiras do Miño de Pantón (parroquias de Pombeiro, Atán, Vilar de Ortelle e Ribeiras de Miño).


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: