Actualizado en data 27/07/2026

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Os de Palmeira son tolos

Unha vez os de Palmeira, en Ribeira (A Coruña), botaron a rebato as campás da igrexa. Acudiron os veciños dos pobos de arrederor crendo que había lume ou outra desgraza, e descubriron que o motivo de tocaren así era que se ía xuntar a xente para matar unha cobra. E por iso se cantan na bisbarra:

Os de Palmeira son tolos,

que o dixeron os da Poebla,

repinican as campanas

para matar unha colebra!

 

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: