CATEGORÍAS RELACIONADAS
A señora do castro Alegre
No castro Alegre, concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra) a un rapaz que andaba co gando saíulle unha moza que se peiteaba cun peite de ouro.
−Ai, señora, se me dera ese peite co que se peitea! −díxolle o rapaz.
−Dareiche o peite e dareiche moito máis aínda ata facerte rico se fas o que eu che diga e non te acañas (achicas)!
E a señora díxolle ao rapaz que lle levase ao día seguinte unha cunca de leite bendicido, e que non se acañase co que sucedese, pois mentres ela bebía o leite, el tiña que ter man da cunca.
Foi o rapaz coa cunca de leite e saíulle unha grande cobra que se puxo a beber no leite mentres o rapaz, sen se acañar, tiña man da cunca.
Bebeu todo o leite a cobra e ao rematar convertiuse na señora do outro día e deulle moita riqueza.
Información de Xosé Martín Rodríguez, de Fornelos da Ribeira.
BIBLIOGRAFÍA






