Actualizado en data 27/06/2026

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Micromitos 125: Os pagaíños

Denominación curiosa, seguramente derivada de ‘pagán’ no seu dobre significado de non cristián e habitante — paisano, aldeán— de pagus.

Destes seres con esta denominación, aínda que son en todo equiparables aos mouros, temos referencia de A. González Pan e X. C. Beiro (Estudios Mindonienses, 20).

Moran onde chaman Pena do Golpe, preto da Pena Abaladoira do Pereiro, en Alfoz, nunhas penas que levou ata alí ás costas unha vella. Algúns residen no castro do Coto da Croa, na Arnela, e outros no castro da Rúa, a menos dun quilómetro da Pena Abaladoira.

Teñen figura humana, ás veces levan a cara oculta ou son invisibles, visten roupa vella e esmendrellada, levan o pelo longo e andan descalzos.

Lávanse no río e non soen parolar cos humanos que lles falan. Aínda sendo invisibles se non te apartas do camiño por onde pasan, tíranche pedras e areas, e incluso empurran a quen lles corta o paso.

Seica bailan e cantan moito ben enriba da Pena do Golpe e das Penas do Pozo Mouro. Son os construtores de todos os recunchos, covas, buratos, pías e demais figuras que teñen os penedos do Xistral.


SerieMicromitos

Publicación: Nós Diario,  24 de febreiro de 2021.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: