Actualizado en data 27/06/2026

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 124: As empanadillas

Esta historia circula pola internet e en letra impresa desde hai anos con localizacións moi diversas, sobre todo referidas a países como Venezuela, Arxentina, México e Uruguai baixo o reclamo «Las empanadas de la Cirila». Na Galiza tamén detectamos varias referencias practicamente idénticas en lugares de Lugo e Pontevedra.

Unha delas di que un paisano do Courel estando maliño, practicamente desafiuzado, cando desde o leito sentiu o olor das empanadillas que facía a muller, a comida que máis lle gustaba, reanimouse e, a pesar do seu estado, non se puido reprimir.

Ergueuse, baixou as escaleiras e foi dereitiño á cociña, e alí, efectivamente, sobre unha mesado de madeira, había nun prato a reverter cunhas empanadillas recendentes.
Botoulle a man a unha para levala á boca e alguén berrou: Que fas! A seguir batéronlle na caluga con algo contundente que o fixo afociñar.

Cando xirou a cabeza comprobou que era a súa muller quen lle zoscara cun cullerón de ferro e, co brazo disposto a repetir o golpe, berroulle: Que fas! Non ves que son para o teu velorio!


SerieMicromitos

Publicación: Nós Diario, 23 de febreiro de 2021.

 

 

 

 

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: