CATEGORÍAS RELACIONADAS
Burato do Inferno da illa de Ons
O Burato do Inferno está na illa de Ons, concello de Bueu (Pontevedra).
Trátase dunha furna ou greta duns 40 metros de profundidade que cando o mar bate alí con forza provoca uns ruídos que algúns interpretan comos os berros das almas en pena que están padecendo penas do Inferno. O Burato é, xa que logo, unha das bocas do Inferno.
A illa de Ons é nas crenzas populares dos galegos e galegas daquela costa o lugar de destino das almas que procesionan na Compaña cara as illas (unha delas é a de Ons), do Máis Alá.






