CATEGORÍAS RELACIONADAS
San Cornello da Vilalén, avogoso da chuvia

Cando na Vilalén, parroquia de Tomonde, concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), pasaba moito tempo sen chover e a terra e os cultivos estaban sedentos, era usanza entre os veciños organizaren unha rogativa que, arrincando na capeliña dedicada aos santos Cornelio e Cipriano (coñecidos no lugar como Cornello e Cibrao) ubicada no cume do cercano castro, se achegase á representación pétrea do San Cornello que, dende tempo inmemorial, se acha situada a carón da que foi casa escola e, en chegando alí, coller a separabel pedra ovoide que lle servía de cabeza ao santo e, de paso que se efectuaban as opotunas preces, mergullala na auga da presa que por alí pasa e, de seguida, recolocarlla ben molladiña de novo ao santo no seu sitio.
E o portento sucedía: disque a chuvia non tardaba en regar campos e cultivos do lugar.
[Remitido por Aurelio (A Coruña). Xaneiro de 2026]






