CATEGORÍAS RELACIONADAS
A Pena dos Mouros
«Que decían que a trouxera unha muller na cabeza e na man... unha muller fiando unha roca e namais. E despois... ese comentario de unha pita cun montón de pitos e a tixeira e todo eso...
Antiguamente viña moita xente a visitar eso, me decía o señor aquel, que viña moita xente a ver, pero, eu xa non che recordo, así a vir xente a ver aí... e se viñan, eu non me enteraba. Nós si, na nosa niñez, ibamos moito por alí no vrao, porque meu irmao era así; gustáballe moito investigar e como non había auga, entonces escarvaba na eso e incluso aparecían pedras moi pulidiñas. Sabes! Notabas que eran traballadas».
Arquivo do Equipo Chaira (Mercedes Salvador, Ofelia Carnero, Xoán Cuba e Antonio Reigosa).
Informante: María Silvarrei (Donalbai, Begonte). 22 de outubro de 1992.