Actualizado en data 21/03/2025

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O encanto do rei Cintolo

Tamén algún tempo en España había dous reises, e claro, entrambos a dous querían mandar e vaise un puido máis que o outro e o que puido menos tuvo que escapar. E un tiña unha neta. Chamábase María. E veu andando, veu andando, e veu aí prá furada do rei Cintolo, aí prá Sopena, e despois alí todos os día de San Juán, todos os anos diante a cueva había unhas sábanas blancas, con cousas que brillaban.

Dicían que era ouro. Non sei si o era senón, que o vían os vellos que había naquela casa de Orxal. E despois un día un vello de Orxal iba prá vila, da vila prá casa, de Mondoñedo, e sintiu petar, mirou atrás, e o velliño, xa ora, era vello, podía pouco e viu un pícaro cun gorro colorado cara el, andando. Dios mío!

O vello deu de andar cuanto puido andar i o pícaro iba atrás; pero despois o vello, como era vello, e era costa arriba, cansou. E dixo:

ꟷAi, Jesús, Dios mío!

E sentouse pero o pícaro desapareceu.

E dicían que era un encanto que había na cueva do Rei Cintolo, que chámanlle... nós chamámoslle o Rei Cintolo pero a cueva éche o Rei Cintila, que eu aínda tiña un libro que falaba deso. Non sei onde irá!


Recollla realizada en 1987 por Magdalena Domenech Gruñeiro (estudante de Maxisterio) e actualmente (marzo de 2025) residente en Argomoso, Mondoñedo (Lugo). A informante, Nieves Leitón Fernández (avoa da recompiladora), de Escourido, Argomoso (Mondoñedo), tiña 74 anos.

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: