Actualizado en data 18/02/2025

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

A Raposa da Mordaza

Miña avoa contaba historias da súa nai e a súa avoa. Dicía que escoitaban ladrar e víase o resplandecer do lume cada vez que abría a boca.

Meu pai hoxe, falando ao estar vendo a páxina de Galicia Encantada recorda de escoitar aos avós contar que ían polos carreiros, vindo de volta para a casa e aparecíaselles esta (raposa) enredándose nas pernas mentres eles coas chaquetas tentaban de tornala, e que ao querer asustala, mordíalles os pantalóns.

Describena como unha cousa rápida, fugaz e centelleante, non como un raposo común. Miña avoa contaba isto na parroquia de Esporiz, concello de Monterroso (Lugo), e pola parte de meu pai na zona de San Martiño de Vilapoupre e Pedraza, en Antas de Ulla (Lugo), especialmente nun muíño chamado Muíño do Coto, onde se levaba o trigo a moer.


Olaya Pena Gómez, Monterroso (Lugo). Febreiro de 2025

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: