Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

A galiña e os pitos brillantes

A Sara, a irmá de Josefa,comenzáronlle os ataques epilépticos con sete anos. Os seus pais, desesperados, levárona ao Corpiño (Lalín).
Mais ben foi Sara coa súa nai nove días, facendo pousada nunha casa cerca do Corpiño e levando pan de centeo que coceran para a viaxe. Despois daquelo,non tivo tantos nin tan seguidos os ataques epilépticos.
Un día, xogando na eira con Josefa,díxolle a esta:
―Miña irmá! Eu vou morrer logo!
―Tas tola! Non digas eso que ata é pecado! Por que dis eso?
―Porque vin unha galiña con doce piros (pitos) moi brillantes. E abriron as ás, e marchou a galiña cos doce piros; marcharon cara o ceo e eran moi brillantes. Ademais vou levar unha caixa branca, cun vestido azul e un mandil azul con floriñas brancas e zapatos brancos.
E Sara morreu con doce anos, e levaba todo eso.


Texto remitido por Isabel, de Riobóo, concello da Estrada (Pontevedra) en outubro de 2024. Lugar da lenda: Pardesoa, Soutelo de Montes, A Magdalena (Forcarei, Pontevedra).

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: