Actualizado en data 25/07/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Micromitos 121: O labio leporino

Dos antollos ou veleidades dalgunhas mulleres embarazadas téñense deducido consecuencias que responden a un sorprendente mimetismo máxico.

Un deses casos é o da malformación chamada labio leporino —labium leporinum — por presentaren os beizos das criaturas ao nacer a mesma fisura facial que disque teñen as lebres no labio superior.

O noso cometido non é tratar a etioloxía científica destes casos senón comentar moi brevemente, como sucede con outros antollos, as causas e crenzas asociadas.

Primeiro diremos que se cre que as lebres teñen pelos na boca e nas plantas dos pés, e despois que aos nenos e nenas que nacen co labio leporino ou bico gallado chamáselles 'fachados', e que se supón que a causa é que a nai comeu lebre ou coello estando encinta.

A crenza, común a todo o occidente europeo, engade que abonda con ver estes animais. Incluso é suficiente se a xestante mentres os ve leva as mans á boca. Amais disto, ver ou comer lebre durante o embarazo provocará que as criaturas durman cos ollos sempre abertos pois, como fan estes animais, vivirán sempre alerta.


SerieMicromitos

Publicación: Nós Diario, 18 de febreiro de 2021.

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: