Actualizado en data 19/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Crónica da Galiza bizarra

Autor: Calros Solla

Edicións Morgante, 2021

Crónica da Galiza bizarra reúne, ao longo de 120 anos, 125 microhistorias de rara caste, misteriosas e sorprendentes, fabulosas e extraordinarias en sentido amplo; aparecidas na frutuosa prensa galega de aquén e alén mar, upadas na peaña da primeira plana ou desapercibidas nun recuncho da páxina par.

Neste volume ordénanse, dende o ano 1848 até o ano 1968, unha centena longa de textos xornalísticos, devindos por decantación en relatos breves; contos cativos hibridados de impactante veracidade, arroubadora mitoloxía e final aberto; o suceso elevado ao expoñente do prodixio.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: