Actualizado en data 10/07/2018

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Como podemos saber se dun ovo nacerá un galo ou unha galiña!

No Courel (Lugo) saben distinguir os ovos dos que nacerán galiñas dos que nacerán galos.

Cando as galiñas choquean (deixan de poñer) déitanse no niño e incuban os ovos que se lle poñan debaixo dos que, se están galeados, nacerán pitos e pitas ao cabo de 21 días. Para que deses ovos nazan pitos ou pitas, segundo as preferencias e necesidades da casa, a xente distinguía uns ovos doutros de varias maneiras.

Así, dos máis alongados e máis redondos nacerán machos e dos máis feitiños, femias.

Outra técnica consiste en mirar o ovo ao transluz, preferentementre coa luz do sol; se lle ven dúas galeaduras ou embrións, ou se ten unha colocada por enriba da xema, será femia, mentres que cando teñen un só embrión e está situado nun dos lados do ovo, nacerá galo.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Coñezo esas dúas formas, pero tamén que ó mirar ó trasluz un ovo, se a burbulla de aire está centrada sairá un galo e se está desprazada contra un lado será galiña.

Enviado por Francisco A. Vidal o 14/05/2018 ás 12:45:47


Enviar comentario a este artigo: