Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Amuletos e reliquias: Ollomao

A esta cunchiña, que é o opérculo dun múrice (en palabras intelixíbeis, a válvula ou tapa dun caracol mariño), chámanlle así (ollomao) porque se cre que repele o mal de ollo, pero é un amuleto internacional que mesmo na India é apreciado e recibe alí o nome de ollo de Shiva. Pero sen saír de aquí, tamén se lle chama ollo de boi vidal, ollo de boi mariño, boimar, faba mariña, embigo de Venus, embigo mariño e ata a relixión cristiá, tan aproveitada ela, non quixo ser menos que a hindú, por iso tamén se lle chama ollo de santa Lucía.  

Ademais desa propiedade máxica de repeler o mal de ollo (hai quen di que os seus efectos repelentes caducan pasado un tempo), en tempos utilizábase para botóns de prendas de vestir como por exemplo camisas e tamén se adoitaban poñer nas tempas para aliviar a dor de cabeza. Hoxe engástase para adornar pendentes, aneis, colgantes e toda clase de xoias e bixutería.

A xente que estuda a física cuántica di que a súa estrutura está relacionada co número áureo e a divina proporción.   

Outra das súas características, que fai que o seu halo máxico se eleve,  é que aparece soamente en determinadas praias e as que están a carón desas determinadas, non reciben a visita das cunchiñas por moito que un se empeñe en procuralas.

[Texto remitido por Isidro Novo, Lugo. Abril de 2015]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Esta tardíña atopei seis entre Baldaio e Razo!

Enviado por Teresa Ramiro o 10/09/2021 ás 22:56:38


Grazas pola info. Hoxe atopei 3 en San Cosme de Barreiros!!...

Enviado por Meli o 17/05/2021 ás 13:22:21


Enviar comentario a este artigo: