Actualizado en data 04/04/2018

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O bautizo de San Rosendo

Cando naceu San Rosendo, que o fixo en Salas, Celanova (Ourense), os pais quixeron bautizalo na igrexa de San Salvador, en Monte Córdova (Portugal) porque naquel lugar tivera a nai a revelación de que ía ter un fillo. Entón prepararon un carro para levar a pía bautismal ó templo, pero o carro rompeu, e mentres o amañaban a pía apareceu misteriosamente no interior da recén construída igrexa de San Miguel de Celanova.
Interpretouse o prodixio como vontade de Deus e alí foi bautizado. No coro desta igrexa hai unha talla que representa a escea da crebadura do carro.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: