Actualizado en data 25/07/2021

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Micromitos 063: O Rabeno

Deste ser xa falaron case coas mesmas palabras e coas mesmas dúbidas sobre a orixe do nome L. Carré Alvarellos, E. Rodríguez e V. Risco. Rabeno díselle a que non ten rabo ou, se o tivo, teno rabenado. Mais, de que rabo falamos!

No Dicionario dos seres míticos dise que O Rabeno é de cor amarela, con figura de home alto, esbrancuxado, que viste traxe claro e gorra de viseira. Anda polos camiños e nos espazos fragosos. Trataríase dun sátiro, sen a parte caprina, libidinoso e violador de mulleres. Por tanto, parente de homes salvaxes como o Basajaum vasco, o Busgoso asturiano, e os nosos Meco e Home das Bubas.

Do Rabeno dise que contaxia a lepra e que o mito se pode apoiar na crenza de que as enfermidades venéreas como a sifilis se poden curar tendo relacións sexuais cunha muller virxe. Nese caso, sentenza Risco ‘pudera haber rabenos de certo’.

E. Pardo Bazán escribiu e publicou en 1912 un breve conto, titulado precisamente ‘Rabeno’, no que nos describe o linchamento dun mozo confundido con este personaxe, un forasteiro acusado de intentar violar a filla do taberneiro.


SerieMicromitos Publicación: Nós Diario, 26 de novembro de 2020.


 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: