Actualizado en data 06/12/2019

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Teño cinco pesos nunha buratela

Era un cego que despois de pedir de romaría en romaría fora xuntando uns cartiños. Fóraos agochando nun burato pequeno nun muro de pedra, e cando chegou a xuntar cinco pesos estaba tan contento que andaba cantando polos camiños:

—Teño cinco pesos

nunha  buratela!

Teño cinco pesos

nunha  buratela! 

Sucedeu que o cego comprobaba de cando en cando que o diñeiro seguía na  buratela, e un home que o escoitara seguiuno e unha vez que soubo onde agochaba as moedas, roubounas.

Cando o cego volveu á  buratela novamente decatouse de que non estaban os cartos, e empezou a pensar en como recuperalos. Así que empezou a cantar polos camiños:

—Teño cinco pesos

nunha  buratela!

Teño outros cinco

pra levar a ela! 

Daquela, o home que lle collera os cartos, pensando en roubarlle tamén os outros cinco pesos, levou para a  buratela os cinco pesos que roubara, para que o cego non sospeitara que sabía do sitio e así poder levar despois os dez pesos.

Pero o cego, en canto volveron para o seu sitio os cinco pesos que tiña na  buratela, recolleunos e marchou con eles, e así recuperou os seus cartos e deixou o ladrón sen nada.

[Recollido por Henrique Neira Pereira de Jesús Lobato Fandiño, natural de Galegos, San Pedro de Vilanova (Vedra) e que por moitos anos residiu en San Mamede de Ribadulla (Vedra)]

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: