Actualizado en data 22/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

A Casa das Mouras

No lugar chamado o Puxeiro que é no Monte do Rosario da parroquia de Ligonde, Monterroso (Lugo), hai un sitio chamado A Casa das Mouras. É unha medorra de grandes dimensións que se atopa presidindo un campo de túmulos megalíticos. Contan que alí viven tres mouras que son polifacéticas pois terman das pedras da mámoa na cabeza mentres amamantan cadanseu meniño ao tempo que mazan cada unha súa ola de leite. Nas primeiras décadas do século XX os rapaces da aldea ían alindalas ovellas e berrábanlles ás mouras para que saíran pois dicían que lles regalaban moedas e zarapellos. 

[Remite María José Gómez Alvite, Cubelo, Palas de Rei (Lugo). Xuño de 2019].


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: