Actualizado en data 19/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Os Viosbardos (Homenaxe a Antón Fraguas no Día das Letras Galegas 2019)

«Os Viosbardos* son seres de moi diferente catadura. Poden ser apostos mozos, algo trotamundos, moi difíciles de sorprender na ronda dos lugares. Tamén poden ser unha especia de paxaros que traen á boa sorte á casa onde se poden ter cativos. A moza que anda preocupada con amoríos fantásticos dise que ana aos Viosbardos. É doado descubrir que é un vulgar engano e unha burla que se fai á persoa que non fai máis que vivir de fantasías. Contáronnos moitos percances desta natureza relacionados coa captura de seres que tanto poden axudar para conseguir determinados fins. Contábase dunha muller a quen lle dixeron que podía ir buscar os Viosbardos unha noite de temporal a un camiño chamado A Costiña de Reloureiro. A muller foi e pasou a maior parte da noite cun saco, que procurou ter coa boca aberta toda a noite ao mesmo tempo que berraba: Viosbardo, vente ao fardo, que alpabarda por ti agarda».

A. Fraguas (2003): La Galicia Insólita. Tradiciones Gallegas. Caderno do Seminario de Sargadelos 51, 9ª edición, O Castro, Sada.

+ Biografía de Antón Fraguas

* Nota: Aínda que o dicionario da RAG e o Dicionario dos seres míticos galegos grafían 'Biosbardo' respectamos a forma escollida no orixinal por A. Fraguas.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Non teño o pracer de ter lido o libro de onde sacastes a cita, por iso non podo constatar que no tal teñan escrito biosbardos con v. De ser así, para evitar confundir aos vosos lectores, deberiades ter feito unha anotación que indicase que Os Biosbardos -o libro e o ser mencionado- escríbense con B. Para calquer consulta relacionada con este termo, pódese consultar o dicionario da Real Academia Galega: https://academia.gal/dicionario/-/termo/biosbardo

Enviado por C.G. o 17/05/2019 ás 22:24:38


Recomendación moi pertinente que acollemos con agradecemento. Un saúddo!

Enviado por A. Reigosa o 18/05/2019 ás 10:55:53


Enviar comentario a este artigo: