Actualizado en data 13/09/2018

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O tesouro de Moreda

A noticia vén en La Voz de la Verdad o 23 de novembro de 1910. Conta a historia de Inocencio Llanes, un antigo preso do penal de Ceuta que chegou a Moreda (supoñomes que se trata da parroquia do mesmo nome do concello de Monforte de Lemos) disposto a ... A que!

A chegada dun forasteiro puxo en alerta á veciñanza e estes vixiaron os seus movementos. Pronto descubriron o seu interese cando o viron remexer no oco dun vello carballo. Os veciños rodeárono, chamaron á garda civil e o individuo confesou o que buscaba. Traía os detalles que lle dera un compañeiro de prisión, dicíndolle que lle daría a terceira parte dos “once mil duros” que atoparía agachados nas entrañas da árbore. De momento, só puidera rescatar uns anacos de madeira de carballo.

Parece que a garda civil trasladou ao buscador do tesouro ata a Audiencia de Lugo e, supón o redactor, os veciños intentarían atopar os cartos na barriga do carballo.

A noticia reprodúcena cos mesmos detalles  El Eco de Galicia, El Diario de Pontevedra e El Norte de Galicia os días 27, 28 e 30 de novembro de 1910.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: