Actualizado en data 23/04/2018

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Recuperan os Vixigueiros, unha máscara esquecida do Entroido de Samede, en Paderne.

Un grupo de cidadáns están traballando para recuperar un Entroido tradicional na aldea de Samede, Concello de Paderne (A Coruña).

No 2017 recuperaron a Muiñeira Cruzada de Samede, que levaba medio século sen bailarse, correndo o risco de desaparecer. Este ano 2018 traballan para recuperar os Vixigueiros de Samede, unha figura vernácula do Entroido samedés desaparecida, usada asemade noutros lugares de Galicia. 
O seu obxectivo é recuperar un Entroido Tradicional Rural e Participativo, servindo asemade de alicerce pra outros Entroidos Tradicionais esquecidos ou semiesquecidos.

PROGRAMA

Veñas de onde veñas es moi benvido a PARTICIPAR

30-12-2017 10:00 Bar Beade

Obradoiro de Entroido 1

( materiais, máscara, traxe, enxoval )

07-01-2018 10:00 Bar Beade

Obradoiro de Entroido 2

( materiais, máscara, traxe, enxoval )

11-01-2018 10:00

Chegada de Policarpio

14-01-2018 10:00 Bar Beade

Obradoiro de Entroido 3

( materiais, máscara, traxe, enxoval )

Entroido Pequeno

11-02-2018 12:00 Ermida de Samede

12:00 Baixada dos Vixigueiros e Besta dende o Castro de Samede

Entroido Farrapeiro

13-02-2018 16:00 Ermida de Samede

16:00 Baixada dos Vixigueiros e Besta dende o Castro de Samede

Entroido Grande

18-02-2018 12:00 Ermida de Samede

12:00 Baixada dos Vixigueiros e Besta dende o Castro de Samede

13:00 Muiñeira Cruzada de Samede.

16:00 Xuízo de Policarpio.

+ info: http://entroidosamede.gal/


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: