Os ditos e refráns do cogomelo Lactarius deliciosus, e doutros da mesma família, aínda que poucos son moi chamativos e com moita retranca.

"Sombra de lateiro, fungos da muña no abeiro".

É un acerto, pois á sombra de todo piñeiro novo é fácil atopar este cogomelo. O curioso é que agora en galego "lateiro" case ninguén o usa.

Por Valdeorras, curándose en saúde e para que non te aterrezas ao ver a mexada xa se di:

"Ollo á mexada, si fungos da muña, van na empanada"

Cando se consuman os Lactarius deliciosus a micción acostuma tomar unha cor roxiza, sinal de que os riless están ben.

Dise do Fungo da muña

"Cásate con il, sí che deixa o anel"

Se só ollas por encima o sombreiro, podes meter no cesto un Lactarius tóxico. Fixándose nas láminas xa ves grandes diferenzas, e se lle cortas o pé e a cor do lactes queda marcada na túa man xa é unha garantía de que tes un bon cogomelo comestible, pois déixache un anel cor ladrillo marcado na pel.

[Texto e foto achegados por Cristovo Ruíz Leivas]

BIBLIOGRAFÍA:

RUÍZ LEIVAS, Cristovo / EIROA GARCÍA-GARAVAL, Juan A., Fraseoloxía e terminoloxía dos cogomelos, Cadernos de Fraseoloxía Galega, 4, 2002, páx. 363-379.