Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Heroes e heroínas

La Loba Chica (filla de Pepa a Loba) en Bos Aires

Curiosa noticia a que se pode ler no número correspondente a “El Correo de Galicia” de Santiago  do 21 de febreiro de 1906.

Ao parecer, na cidade de Bos Aires tivo lugar un incidente nunha taberna de “baja esfera” cuxa principal protagonista foi unha moza coñecida como “La loba chica”, filla, afírmase, da célebre Pepa, a Loba, tan coñecida en Galicia.

Houbo dous mortos: o marido de “La loba chica”, e outro individuo de malos antecedentes.

Do mesmo suceso dá conta “La Correspondencia Gallega”, diario pontevedrés,  na edición do 23 de febreiro.

***

A ilustración títulase “Pepa a Loba”, do pintor galego Juan Luís, obra adquirida polo Centro Galego de Madrid en 1924.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: