Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

A fonte do mouro de Sandiás (2)

A Fonte do Mouro sitúase no fondo do monte de Picos polo nacente, preto do lugar de Sandiás (Ourense).
»Na misma fonte hay unha moura encantada qu´está sentada n´unha silla d´ouro. Había unha rapaza qu´iba coas ovellas pro veciño ¨monte de Picos¨ e a moura aparecíaselle e peinaba moi ben con peina d´ouro; pero tiña que ser secreto, y´a rapaza contoullo a mai, entonces, a moura, comeuna; despóis ib´a mai verrando, -¡ay miña María!-. y´a moura contestou, ¨María, Mariola, frita en aceite vay na miña barrigola¨. A mai d´esta moura tiña catro fillas encantadas na fonte; unha vez que foi un de Couso as seituras a Castilla, a vella enteirouse e deulle catro panochas de catro cornexos cada unha, para que as fose tirar á fonte e lle desencantar´as fillas; mais a condanada da muller, o ver as panochas que traía o seu home, antoxóusell´o trigo e comeulle un cornexo a unha; pero cand´o home foi cumplir ca orden da vella, tirou as outras tres panochas, unha a unha, e foron salindo hasta tres cabalos moi gordos e n´eles tres mozas moi guapas, que se marcharon; máis, o tirar a coarta, saliu un cabalo sin unha perna (efecto d´haberlle comid´o cornexo a panocha), e por tanto a moza que viña n´él non pudo marchar e continou encantada, pero deulle de regalo pr´a muller un pano encarnado de seda, que habend´o atado a un carballo no camiño, quedou éste feito un carbón, como lle pasaría a muller se o puxera».

[Texto remitido por Xavier Feixoo, Sandiás, Ourense]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: