Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Fauna

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A serpe voadora de San Pedro de Neiro


Din que en Mazaeda de Neiro, na Fonsagrada (Lugo), había una serpe grande que tiña ás e podía voar. Cando a xente levaba as vacas pacer, e como a serpe mamaba nas vacas, pillábana entre as vacas e disque saía voando escorrentada. Din tamén que a serpe habitaba debaixo dunha árbore que había cabo da capela desta aldea. Desque cortaron aquela árbore vive debaixo dunha pereira da casa do Rabeno.

[Texto remitido por David Otero Fernández, A Fonsagrada, Lugo]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Eu nacín en Serois - Calvos de Randín (OU).Sendo neno, lembro unha fonte que nacía sobre unha peneda e a auga caía formando unha pequena fervenza. Ó pequeno encoro que formaba levábanse os animais a beber, pero nunca unha femia aleitando porque a serpe voadora que alí había podíase enganchar nun teto e secábaselle o leite. Mesmo cando unha vaca collía mamite, supoñíase que nalgún momento pasara por alí e se lle enganchara a cobra; por iso non permitía que ninguén lle tocase no ubre.

Enviado por Xosé Mª Gude Méndez o 24/06/2009 ás 19:42:45


Enviar comentario a este artigo: