Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

O tesouro da Torre dos Mouros

Na parroquia de Francos, concello de Guntín (Lugo), existen unhas ruínas que chaman A Torre dos Mouros. Xunto destes restos atópase unha fonte de augas termais con propiedades curativas que aparece e desaparece segundo se encontre nese momento o nivel do río ( río Miño) e que din son moi boas para case todos os males . Parece ser que en tempos acudía xente de moitos lugares de Galicia a beber daquelas augas.

Dita torre esta chea de trampas e pasadizos segredos. Un destes túneles atravesa todo o río por baixo e era por onde os mouros escapaban cara os bosques próximos se vían nalgún perigo. 
No interior da torre -nun agocho segredo baixo unha enorme rocha de granito que, segundo dicían, tiña unha argola para tirar dela e poder levantala-  é onde os mouros gardaban as arcas repletas de ouro e prata. 

Contan que fai anos chegaron uns homes da cidade e ofreceron os mozos do pobo unha forte suma a cambio de que entraran no compartimento segredo da torre na procura do tesouro. A cousa foi que ninguén se atreveu debido as numerosas trampas e a que a zona está cheíña de serpes velenosas. 

O irmán de quen transmite esta lenda ( que de estar vivo agora contaría con 80 anos) contaba que vira "cos seus propios ollos" preto da Torre de Mouros una serpe tan xigantesca que ben podería tragar a un home de un bocado. 

[Texto remitido por Luísa, de Lugo, en maio de 2016, segundo información transmitida oralmente por Domingo Vázquez López, de Casa Ribeiro de Leboriz]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: