Actualizado en data 10/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Fauna

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O Lobo da Xente de Cereixedos comeu un neno

A un rapaz do Tío Carlos de Pradocabalos, concello de Viana do Bolo (Ourense), comeuno o Lobo da Xente un día que o mandaron a Cereixedos polas vacas.
Era inverno, chuviñaba e nevaba. As vacas chegaron á casa, e tamén unha borrica pequena, pero o rapaz non apareceu.
Cando o foron buscar xa viron por onde o arrastrara, no lugar da Fraga Grande. Deixáralle o brazo dereito e algunha parte máis do corpo. Hoxe hai unas cruces onde o lobo comeu o neno.
Crese que foi o Lobo da Xente, e que desde aquela ía petarlle na porta da casa todas as noites ao Tío Carlos. Dicíalle:
—Carlos, Carlos, sae!
E logo dicíalle que nunca comera unha carne tan saborosa coma a do seu fillo.
O Tío collía a escopeta e saía disparado para pillalo. Corría tras del polo nabal, pero nunca o deu collido.

+ info sobre o “Lobo da xente”


BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: