Actualizado en data 22/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Fauna

A serpe da Regata da Cruz

Nas noites de vrao, esas noites quentes do mes de agosto, unha serpe que agachada durante o día no furado dun carballo centenario (no Rego do Puzo) sae a voar, e despois de dar varios xiros e emitindo unha especie de asubíos pola aldea de Cartimil, vai cara as penas da Regata da Cruz, no Monte da Rateira, en Ventosa, copncello de Agolada.
Esta serpe xa foi vista por algún dos canteiros da Branca durante o día. Seica despois dunha dura xornada de traballo de mañá nos penedos de a Regata da Cruz - A Rateira, picando pedras e, logo de xantar dicidiron ir para outro sitio traballar, pero esquecéranlles uns punteiros e un deles decidiu ir buscalos. Cal foi a súa sorpresa que cando chegou aos penedos andaba unha enorme serpe comendo as faragullas de pan que lles caeran do xantar e, horrozizado, escapou a correr. Parece ser que tiña unhas pequenas ás e que cada pouco asubiaba.

Nota.
Lenda recollida a D. Teolindo Méndez García. Preto do lugar da lenda hai unha sepultura antropomorfa labrada en pedra. Hai tamén restos de gravados rupestres.

[Texto remitido por Luis Fernando Pérez Méndez, de Ventosa, Agolada (Pontevedra). Outubro de 2008]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: