Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Fauna

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O cordeiro da igrexa de san Miguel de Peitieiros

Oficialmente quedou coma que foi un milagre. Un milagre feito pedra, enriba da igrexa. O cordeiro, ou ovella, apareceu atado ao gancho ou arame do campanario da igrexa. Tanto tiraba del o pobriño do animal que así repinicaban as campás. Era de noite. Os veciños espertaron e xunto ao señor abade foron ver que pasaba. Poideran ser os rapaces... pero non, era o año aquel. Coma ninguén dixo esta boca é miña... (eu sei algo do choio este) pois alí mesmo o cura púxolle nome : Isto éche verdadeiramente un milagre, señores!

Xuntaron os cartos, chamaron ao mellor canteiro da rexión (debeu ser "Xasteira" de Morgadáns) e puxéronse mans a obra. E dende aquela está o cordeiro de pedra, moi ben labrado, enriba da igrexa. Só temos que ir a Peitieiros, perto de Gondomar, para saber esta ou outra versión desta lenda.

[ Texto remitido por Santiago Márquez Pérez, natural de Morgadáns, Gondomar (Pontevedra) e residente en Trelew, Chubut, A Patagonia, Arxentina]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: