Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Proencia

Proencia estaba en Proendos, Sober (Lugo), era cidade de mouros e agora está aterrada. Nun pozo da finca do Barbados había dúas campás de ouro. Neste mesmo pozo excavaron os devanceiros da casa e atoparon dúas olas; unha con ouro e outra con veleno. Parece que abriron a de veleno e que morreron todos os da casa agás a criada e un cativo que seica estaban co gando no monte.
Fálase dun libro que tiña as instrucións para facerse rico. Se tiñas valor e saías á hora ao lugar sinalado, había aparecer un touro cunha cadea de ouro á rastro. Quen non tivese medo quedábase coa cadea pero, polo visto, ninguén tivo valor. Tamén dicía o libro que había unha cadea de ouro pola rodeira do carro do camiño de San Cristovo; o que lese ben no libro quedaba coa cadea pero o que lese mal, convertíase en cobra.
Tamén se fala da existencia dunhas campás de pao co badal tamén de pao, capaces de predicir acontecementos, e que en Pedride se botabas un cribo a rolos, alí onde parase había tesouro.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: