Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Contos da tradición oral de Galicia

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Conto: O sapo e o raposo [Sen clasificar / Not classified]

Eran o sapo e o raposo que atoparon un montón de trigo e non se daban posto de acordo para repartilo:
-Xa sei -dixo o raposo-, vamos facer unha aposta. O que primeiro lle corte o pescozo ó outro coa brosa dun golpe, quédase co trigo.
-Vale -dixo o sapo-. ¿Cómo facemos?
-Moi fácil. Pon a cabeza encima dese cepo e eu collo a brosa e douche; se cha corto, quédome eu co trigo pero se non cho dou cortado de todo, o trigo é pa ti.
-Pois xa está. Dálle -dixo o sapo.
E vai o sapo e puxo moi ben estirado o pescozo enriba do cepo mentres o raposo colleu a brosa coas dúas mans e deu con toda a forza que puido. Pero fallou. O pescozo do sapo quedou prendido por unha tira de pel. E, moi contento, berroulle ó raposo:
-¡Peliiiche!
E dixo o raposo:
-¡E tu ganache moito!

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: