Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Contos da tradición oral de Galicia

Conto: O abandono dos vellos en Camposancos [ATU-980: The Ungrateful Son]

En Camposancos, A Guarda (Pontevedra), tiñan o costume de abandonar os vellos no monte cando xa non valían para traballar. Levábanos e deixábamos nunha laxe ata que morreran de enfermidade ou comidos polos lobos.
Dicían que era unha fada (un sino?) moi antigo.
Unha vez un fillo levou aos seu pai á laxe do monte, e cando chegaron díxolle o pai:
—Pousa, meu fillo, pousa, que aquí pousei eu tamén a meu pai. —e engadíu— Isto é fada, isto é fada!
Entón, o fillo, decatouse do que lle ía tocar a el cando fose vello e:
—Monte nas costas, que o levo para a casa!
E disque foi cando se acabou aquel costume.
_____
FONTE:Traballo do alumnado de 3º de ESO do IES A Sangriña, de A Guarda, curso 2007-08.

Lendas Da Guarda Definitivo from osnososavos


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: