Actualizado en data 11/10/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

DICIONARIO

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Atlántida

Segundo me contaron, a unhas dez millas náuticas de Malpica (A Coruña) hai uns farallóns que sobresaen do mar. Cando hai mareas moi baixas, ao pasaren preto delas din que se ven con claridade muros e escaleiras que son os restos das construcións dunha illa que existiu no medio do océano.
Un día esa illa afundiuse e todos os homes e mulleres santos que alí vivían fuxiron para Galicia en barcas de pedra que se instalaron todo ao longo da nosa costa; e nomeáronme varios dos santuarios mariños, dende Muxía, pasando por Santo Hadrián de Malpica, ata Santo André de Teixido, que viñeran en barcas de pedra para Galicia fuxindo desa illa que se afundía no medio do océano e da que aínda se conservan restos.

[Lenda remitida por Xosé Couñago, de Vigo (Pontevedra)]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Ola:
Gústame moito esta lenda, é moi orixinal. Nunca escoitara una lenda coma esta. O meu avó contábame moitas lendas cando era pequena pero a verdade nunca a escoitara. a verdade non coñezo moitas lendas pe a verdade que esta lenda fastinoume moitísimo.

Enviado por Xosé Couñado o 26/05/2015 ás 14:24:50


Enviar comentario a este artigo: