Actualizado en data 19/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

DICIONARIO

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Herba peliqueira

Herba imprescindible para saber onde hai tesouros. Atópase no máis fondo das covas ou en foxos profundos nos que nunca xee nin cheguen os raios do sol, pois perdería as propiedades.
Unha vez apañada hai que cocela en auga de sete banzados e tomala durante doce días consecutivos. A noite seguinte revelaráselle nun soño a quen tomou o bebedizo o lugar exato onde se encontra o tesouro, a que profundidade e incluso a forma do recipiente que o garda.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: