Actualizado en data 11/10/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xans

As Xans. Procesión de pantasmas que, a diferencia da Compaña, está formada por vivos. Forman dúas ringleiras e portan un cadeleito. Intérpretase que os participantes nesta procesión irán morrendo segundo a proximidade ao cadaleito; os que camiñan máis lonxe poden tarder 3 ou 4 anos.

Só os poden ver aqueles que o padriño ao bautizalos dixese mal o credo ou que o crego oficiante cambiase os óleos de bautizar polos da Extremaunción. Esta situación só se pode remediar se se repite, e ben feita, a cerimonia do bautismo. Soen deixarse ver nas encrucilladas, pero non se poden sentir, e ademais son vingativos. Se a persoa que os ve é amiga dos que van na procesión, non ten perigo, pero de levarse mal con algún deles, é seguro que o arrastrarán polas silveiras.

 

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: