Actualizado en data 15/12/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Tres Marías

É unha visión de tres mulleres vestidas de branco que se aparecen no cuarto da persoa moribunda a mesma noite que vai morrer. Identifícanse con María Madalena, María, a Virxe, e María Salomé. Así sucedeu en Vilapedre, Vilalba (Lugo).

Unha nai vixiaba o sono da filla enferma, no mesmo cuarto. E viu como entraban as tres Marías, como rodeaban a cama da doente para rezar, e logo como desaparecían sen facer ruído ningún. A filla morreu antes do amencer.

Tamén se lles chama Tres Marías ás tres estrelas que forman o chamado Cinto de Venus, na constelación de Orión. E son tres as moiras ou parcas que tecen e destecen o devir humano. E tres son as Matronae que se mencionan nas inscricións e relevos de época romana. 

Semella, xa que logo, que estas Tres Marías son a consecuencia da cristianización de antigas tríadas de deusas que rexían ou gobernaban o destino das persoas.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: