Actualizado en data 15/12/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

DICIONARIO

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Lavandeiras

Mito común a case toda a Europa occidental, e está sempre relacionado co sangue e coa morte.As lavandeiras son mulleres vellas, de baixa estatura, de rostro seco e arrugado, que viven nas fontes. Acostúmanse a ver, xeralmente de noite, lavando. Se alguén pasa, convídano a torcer a roupa. Se o camiñante acepta, ten que procurar non torcer no mesmo sentido ca elas, pois, se o fai, as desgrazas sucederanse e mesmo pode morrer. A roupa que lavan está manchada de sangue que nunca se vai. Crese que son espíritos de mulleres mortas no parto, das que abortaron, nais de nenos mortos sen bautizar ou ánimas de mulleres que atentaron contra a vida dos nenos. Velas é de mal agoiro.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: