Actualizado en data 11/10/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

DICIONARIO

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Brea

Nos tempos do rei Cintolo, que veñen sendo os mesmos que os de María Castaña, aló cando os animais falaban, este rei vivía coa súa filla nun castelo da cidade de Brea, situada onde agora está a chamada cova do rei Cintolo, en Mondoñedo.
A filla do rei, por certo, moi bonita, atendía por Manfada, e era pretendida por moitos mozos.
Certo día chegou o conde Hollvrudet á cidade de Brea, e namorouse da moza, e todo ía ben ata que apareceu por alí un vello chamado Tuba de Oretón, que viña decidido a casar coa princesa. E ademais,dixo, se ela ou o seu pai non consentían, derrubaríalles o castelo.
O conde Holvrudet tivo que enfrontarse a Tuba e houbo unha gran pelexa. Mais, xusto cando o conde lle cravaba a espada a Tuba de Oretón, estoupou un trono que enguliu a cidade con castelo e todo.
Cando o conde recobrou o coñecemento, no lugar só había unha cova; a cova do rei Cintolo.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Este curioso nome de "Hollvrudet" tentei buscalo con google e rematei caendo nunha páxina de nomes nórdicos. Hollvrudet podería ser unha corrupción de Hólmviðr ou Hulviðr, e a princesa Manfada tal vez Málfríðr ou Málmfríðr.

Se alguén ten curiosidade sobre nomes nórdicos...
http://www.vikinganswerlady.com/ONNames.shtml

Enviado por Gustavo Carballo Santos o 23/06/2014 ás 23:17:08


Enviar comentario a este artigo: