Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Conto: Fillaboa [ATU-980: The Ungrateful Son]

Fillaboa é un lugar do concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra). A orixe do nome explícase polo costume que había antigamente de abandonar os vellos no monte, cando xa non valían para traballar.
Cóntase que unha vez houbo por alí unha muller que vendo que o seu pai xa non valía para nada, decidiu levalo de noite ao monte e abandonalo. E así o fixo pero despois arrepentiuse e foi na busca del, atopouno e regresou con el para a casa.
Disque o pai dixo:
—Mira que boa filla teño!
E dese dito naceu o nome do lugar de “Fillaboa”.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Esta mesma historia (pero con protagonista feminina)contábama miña avoa Aurora, que naceu hai 97 anos en Arantei, unha aldea do concello de Salvaterra moi perto da Fillaboa. Na súa versión, a velliña cando veu a súa filla que regresaba díxolle:
-Ti si que eres unha filla boa!
Emocionoume ver este anaco de vida da miña avoa recollido neste espazo. Grazas!

Enviado por Laura Piay Brito, recollido de Aurora Brito Núñez (Pontevedra) o 10/03/2009 ás 17:28:21


Conheço um velho ditado, que é do tempo dos agais.
Diz que um pai trata dez filhos, dez filhos não trata um pai.
Sentindo o peso dos anos sem poder mais trabalhar,
o velho, peão estradeiro, com seu filho foi morar.

O rapaz era casado e a mulher deu de implicar.
“Você manda o velho embora, se não quiser que eu vá".
E o rapaz, de coração duro, com o velhinho foi falar:

Para o senhor se mudar, meu pai eu vim lhe pedir
Hoje aqui da minha casa o senhor tem que sair
Leve este couro de boi que eu acabei de curtir
Pra lhe servir de coberta aonde o senhor dormir

O pobre velho, calado, pegou o couro e saiu
Seu neto de oito anos que aquela cena assistiu
Correu atrás do avô, seu paletó sacudiu
Metade daquele couro, chorando ele pediu

O velhinho, comovido, pra não ver o neto chorando
Partiu o couro no meio e pro netinho foi dando
O menino chegou em casa, seu pai foi lhe perguntando.
Pra quê você quer este couro que seu avô ia levando

Disse o menino ao pai: um dia vou me casar
O senhor vai ficar velho e comigo vem morar
Pode ser que aconteça de nós não se combinar
Essa metade do couro vou dar pro senhor levar


Enviado por Musica de Teddy Vieira e Palmeima - Brasil o 10/06/2015 ás 18:06:46


pois a lenda que eu coñezo sobre a fillaboa de Arantei ( Salvaterra de Miño)non ten nada que ver con esta. A que eu sei, vai dun pai que se lle afogan duas fillas no rio Tea e pola que mais chora e pola que supostamente era a mais boa(a filla boa)

Enviado por sidro o 22/10/2017 ás 12:05:51


Unha versión deste conto escoiteina en Aranga (A Coruña, referido a un fillo que levaba a seu pai para abandonalo no monte, e nun momento determinado sentaron nunha pedra a descansar. Alí, o fillo notou como o pai verquía unhas bágoas, e ó preguntarlle por que, o vello respondeulle que naquela mesma pedra, moitos anos antes, tamén el sentara con seu pai. Daquela o fillo mandouno erguerse e volveron á casa, para nunca máis abandonar os fillos ós pais no monte.

Enviado por Recollido por Francisco Ant. Vidal o 23/02/2009 ás 10:22:18


Enviar comentario a este artigo: